ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Os galegos somos, sen dúbida, o pobo máis lampreeiro de Occidente, segundo Álvaro Cunqueiro. Ningún dos pobos atlánticos, nin en Burdeos nin en Nantes, come tanta lamprea como en Galicia. E por iso debiamos estar ao tanto dos costumes da lamprea e as súas sazóns.
A pesca da lamprea realízase coas pesqueiras ou con nasas. Neste último caso pescase nunha zona bastante reducida do río Ulla. É unha zona máis baixa onde apreta a auga. Antes da desembocadura, é unha area rochosa, onde á lamprea lle costa remontar o río, segundo o pescador Pepe Barreiro.
Lamprea á bordalesa é o xeito máis tradicional de preparar o peixe. A elaboración é a mesma que en Francia aínda que alí usan o viño branco e un anaco bo de allo porro. Aquí guísase no seu sangue e con viño tinto. Adoita servirse con arroz branco e cun picatoste. O Chef Rivera tamén prepara o timbal de lamprea, unha sorte de empanada. Para pescar a lamprea úsanse unhas nasas-butrón deseñadas polos pescadores. Confecciónanse cunha malla de 5 para que non entre a troita ou o escalo. Empezaron a facerse despois de comprobar como a lamprea entraba nas nasas das anguías.
Segundo San Basilio, cando a lamprea remonta os ríos, é seducida pola víbora, que dende a ribeira, escusada entre herbas, asubíalle. Entón a lamprea acaroase á ribeira dende onde a tenta co seu asubío a víbora, e ten amores con esta. Os pescadores de lamprea distinguirán unha lamprea que ven da víbora dunha lamprea normal, que remonta o río, segura e confiada en busca do macho? pregúntase Alvaro Cunqueiro.
Publica o teu comentario agora