O podcast Os Incurábeis preséntase en Valencia

O podcast Os Incurábeis preséntase en Valencia
05 de Novembro, 2021 - 01:20 h. | Publicada por Radio Fene

O podcast Os Incurábeis preséntase este sábado en Valencia. A exposición da experiencia integrará a I Trobada de la Comunicació Local, organizada pola Generalitat Valenciana e a Federació Valenciana de Municipis i Provincies. Segundo a organización, están convocadas persoas amantes da información de servizo público, medios de comunicación de proximidade que defenden a importancia da información das localidades e que fan de altavoces das singularidades pequenas e grandes que pasan nelas. Participará tamén a Xarxa d´Emissores Municipals Valencianes no MUVIM en Valencia. 

ESCOITA O PODCAST:
Franki Muiño encarna ao inspector Pereiro no podcast "Os incurábeis"

Os incurábeis é un podcast de ficción de serie negra. Emítese en Radiofusión, rede da radio local en Galicia. Consta de 86 capítulos cun guión realizado por Antonio Tizón e baixo a dirección de Eugenia Sanmartin. Participaron cincuenta actores e actrices.
 

Fotografía: Xan Xe Corral

Cultura

Publica o teu comentario agora