ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Cando falamos de Javi Maneiro inevitablemente vennos á cabeza Heredeiros da Crus, porque, dende o mesmo momento da súa formación el é o vocalista principal formación. Pero a súa carreira musical vai máis aló diso, como amosan os catro discos editados con Jabón Blue, a banda que Maneiro fundou cando, no ano 2005, Heredeiros decide separarse.
E, a pesar do regreso dos “máis jrandes”, de volver a poñer a súa voz aos Heredeiros, Javi Maneiro coida a súa carreira en solitario, reafirmándose como "Maneiro" e nesa etapa edita tres discos en solitario, todos con pezas propias.
Maneiro ten, dende entón, entidade propia e así o quere Javi, o fillo da Necha, porque esta é a súa identidade musical, sen renunciar ao que supón ser a voz de Heredeiros da Crus, un espazo de confort, con amigos dos de verdade, que quere seguir a compaxinar.
No pasado 2023 Maneiro editou o que é o seu cuarto disco en solitario, “Un bonito despertar”, un disco que é algo máis que unha aposta musical porque foi para o músico “unha volta ás raíces”.
Agora ven de presentar o sinxelo “Anxos no inferno”, unha peza que “custou sacar” e que é un recoñecemento a quen o coidou durante o tempo que estivo ingresado como consecuencia da doenza cerebro vascular que o mantivo afastado dos escenarios durante un tempo.
Anxos no inferno é unha oda ao poder sanador dun sorriso pero tamén é un punto de inflexión para Maneiro, un punto e aparte para dar paso ao que está por vir.
De momento, neste 2025, poderemos volver a velo en solitario nos escenarios, pero tamén volverá a poñer a súa voz ao servizo de Heredeiros da Crus.
Publica o teu comentario agora