O poeta do Courel, Uxío Novoneyra, protagonista do XV Seminario de Historia de Culleredo

O poeta do Courel, Uxío Novoneyra, protagonista do XV Seminario de Historia de Culleredo

27 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Baixo o título “A voz fundamental de Uxío Novoneyra na Galicia contemporánea” estase a celebrar o XV Seminario de Historia de Culleredo no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo. Unha actividade organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Culleredo, coa colaboración da Universidade da Coruña. Constitúe o primeiro evento que se realiza en Galicia, antes da celebración do Día das Letras Galegas, de achegamento &a

Tras a xornada inaugural de onte xoves, o programa continua esta tarde  cun fermoso espectáculo de poesía, música e danza contemporánea, “Tender a man”. Participarán a poeta Yolanda Castaño, a bailarina Branca Novoneyra, filla do escritor, e os músicos Isaac Garabatos, Jesús Andrés e Mónica de Nut. Terá lugar ás oito e media do serán. Antes, ás seis da tarde, o Catedrático de A Universidade da Coruña, José Ramón Vidal Romanía fará un relatorio co nome “ O Courel, a memoria de Galicia”. “A representación franquista no Courel” será a segunda das ponencias ás sete da tarde, a cargo da profesora da Universidade de Santiago, María Xesús Souto López. 

Un longo programa de eventos desenvolveranse a cabo mañán sábado, día de clausura do seminario. Comezarase a xornada ás dez da mañá coa intervención do Catedrático da Universidade de A Coruña, Xosé María Dobarro sobre “ O papel de Uxío Novoneyra na Asociación de Escritores en Lengua Galega”. Unha hora máis tarde levarase a cabo a mesa redonda “ Uxío Novoneyra e o seu tempo político”. 

Xa pola tarde, os actos arrincarán ás catro e media co relatorio “Lecturas de Novoneyra” para logo dar paso á presentación do documental “Uxío Novoneyra: poeta/alén".

 “A Literatura galega: perspectivas de futuro (ensaio, narrativa, poesía…)” será o tema que centrará a segunda das mesas redondas do día. Ás sete e media clausurarase o seminario coa entrega de diplomas aos participantes. 

Cultura