O pop de Esposa gaña o certame de Novos Valores do Festigal

O pop de Esposa gaña o certame de Novos Valores do Festigal

03 de Xuño, 2016 - 12:00 h. | Publicada por

O Festigal 2016 abrirá a noite do 24 de xullo no campus sur de Santiago de Compostela coa actuación do grupo pop Esposa. O conxunto proclamouse vencedor da segunda edición do concurso Novos Valores que pretende brindarlle a oportunidade de tocar neste evento multitudinario a bandas emerxentes que fan música en galego. Esposa defínese como un grupo de pop rítmico e r

O xurado do certame estivo integrado polos artistas Marcos Payno, Xosé Luis Rivas “Mini”, Xurxo Souto, Habelas Hainas e por parte de Galiza Nova, Alberte Mera, e da Fundación Galiza Sempre, Tania Ameneiro. Valoraron a calidade artística, frescura, orixinalidade, posta en escena e estética musical sorprendentes do grupo gañador.

O Festigal recibiu a distinción como mellor festival galego nos Premios Martín Códax da Música Galega 2015. Nesta ocasión, o certame Novos Valores recibiu numerosas propostas cunha gran diversidade de estilos musicais con letras en galego, o que amosa a proliferación de artistas que buscan impulso para a súa proxección no país. As súas maquetas foron difundidas a través das redes sociais do Festigal nas últimas semanas, cunha alta interacción por parte das persoas visitantes, axudando así a difundir novos grupos que buscan abrir paso nos escenarios da música en galego.

 

Cultura