ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Hai outros lugares onde, tras moita volta, xa resolveron as súas disquisicións. Os resultados electorais do 22-M deixaron a chave do goberno municipal de Redondela ao novo partido Agrupación de Electores de Redondela, que vén de confirmar a súa abstención. Deste xeito o popular Javier Bas será o futuro alcalde de Redondela cun goberno en minoría. A decisión está a ser motivo de discrepancia na vila ponteve
A Agrupación de Electores de Redondela deixou claro desde un principio que descartaban pactar para formar Goberno. Con todo, moitos pensaban que poderían apoiar a investidura do candidato socialista, para favorecer un goberno de esquerdas, aínda que logo permanecesen na oposición. A idea xeneralizada dos veciños é que AER foi a gran protagonista das eleccións, e moitos están satisfeitos de que non pacten con ningún partido, xa que así son consecuentes coa súa promesa electoral. Con todo, tamén hai quen se declara moi crítico con esa opción de AER, xa que prexudica á esquerda "coa que se identifican" e favorece ao partido de dereitas.