ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Os sete concelleiros do PP levantáronse e marcharon do pleno celebrado onte á tarde en Fene. O enfado do seu portavoz, Gumersindo Galego, por como se dirixiu a el o portavoz do grupo socialista, provocou o radical abandono sa sesión plenaria. Foi no momento en que Antón Noceda contestaba ás preguntas que lle dirixira o voceiro do PP, relativa ás obras de reposición da rede de suministro de auga na rúa Ameneiral. Antón Noceda botoulle en ca
Antes, o PP acusara ao grupo de goberno de convocar un pleno baleiro de contido, sen nada que debater, e acto seguido prantexara unha batería de 21 preguntas ao grupo de goberno. O Alcalde, Juventino Trigo, respondeu ás cuestións relativas á súa recente visita a Navantia e aos novos usos de Vilar do Colo. Trigo recoñeceu que o pleno era de trámite pero porque están traballando moito na trastenda, nos Orzamentos de 2016 por exemplo.
No seu turno, EU reclamou que se retome un antigo proxecto de crear zonas azuis en determinados lugares do casco urbano onde non é facil aparcar. O edil de Obras e Servizos pediu disculpas aos veciños de Maniños e Barallobre porque non lles recolleron o lixo durante tres días e explicou foi debido a unha avaría no camión. EU pediu tamén que se amañe a zona debaixo do túnel da ponte das Pías á altura de pan Perlío. Así mesmo MariCarmen Martínez preguntou polas desavenencias entre os comerciantes de Fene e o concello ao negarlles as subvencións prometidas para realizar actividades no entroido. O concelleiro César Castro manifestou que a premura de tempo e a falta de conformación oficial da asociación, no o permitiu neste momento pero reiterou o seu apoio aos comerciantes no futuro.