ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Partido Popular continua á baixa nas preferencias dos electores para unhas eleccións xerais. A evolución política marca unha recuperación do PSOE, un descenso de Podemos e unha consolidación do BNG. Ciudadanos ralentiza o seu elevado ritmo de crecemento dos últimos meses.
Segundo a edición de maio d'O Mirante, o panorama electoral elaborado polo analista Carlos Neira para a Asociación de Medios en Galego, se os comicios ás Cortes Xerais se celebrasen agora o PP continuaría como primeira forza política, aínda que cun 25,3% dos votos e entre 111e 118 escanos. Isto supón unha caída de practicamente 20 puntos a respecto das eleccións de 2011 e un descenso de 7 décimas en relación a O Mirante de abril. A posible perda de escanos do partido de Rajoy segue preto dos 70.
No que atinxe aos socialistas a alza que prognostica este estudo situaríaos cun 21,8% dos votos, unha suba de 1,7 puntos que é, practicamente, o que cae Podemos (1,6). Este resultado daríalle ao PSOE entre 91 e 93 escanos, case 10 máis que na anterior edición deste panorama electoral e unha decena menos dos que ten agora. O partido que encabeza Pablo Iglesias, pola súa banda, emerxería no Congreso dos Deputados con entre 65 e 74 asentos, un resultado histórico para unha nova forza pero menos amplo que en análises electorais anteriores. Os tres postos de cabeza péchaos Ciudadanos, que medra 6 décimas, case o mesmo que cae o PP, e ralentiza o seu elevado ritmo de crecemento dos últimos meses.