ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Outro plan, o estatal de investimento local, tampouco convence ao portavoz do PP, Gumersindo Galego, que xa manifestou o desacordo coa ultima obra adxudicada, a da remodelación da Praza do Ameneiral de Perlío. Está previsto colocar un parque infantil e unha reforma da iluminación do espacio. Galego cré que sería mellor dotar a esta zona de Perlio de prazas de aparcamento. É un exemplo para calificar de loucura e gasto desmesurado o propio Fondo estatal de investimento local.
Galego afirma que as obras elexíronse e licitáronse a correr para ao final equivocarse e non crear postos de traballo porque as empresas presentan as ofertas co recursos que xa teñen. Reiterou Galego que o maior erro da elección das obras do fondo é a do parque baixo o viaducto de Vilanova, que calificou de disparate e afirma que non se trata dunha cesión dos terreos, senón dun préstamo con volta a Fomento cando o requira.
No espacio As Foxas, o voceiro popular, criticou ademáis o retraso dos Orzamentos municipais de Fene a causa do abandono da área de Facenda. Á demora da tramitación de licencias de obras referíuse tamén o voceiro do pp de Fene, afirmando que a contratación dun técnico non vai solucionar o problema.
O PP non lle vé sentido á comisión de investigación do caso da vivenda de Cela, pero menos sentido aínda ao adiamento do proceso.