O PP de Fene denuncia o estado de abandono dunha das aulas da escola de música municipal

O PP de Fene denuncia o estado de abandono dunha das aulas da escola de música municipal

13 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Nun comunicado, os populares aseguran ter comprobado “in situ” o mal estado do baño, a falla de limpeza do local e, incluso, o deterioro de parte dos muros neste recinto anexo á Casa da Cultura.

Afirman tamén que as deficiencias son evidentes na mesma porta de acceso ao recinco e nas numerosas mostras de humidade presentes nas paredes.

Por último, din dende o Partido Popular de Fene que “o outro local onde tamén se imparten clases de piano a diario está situado enriba da biblioteca municipal e que, ao non estar insonorizado, é motivo de molestias aos usuarios da mesma”.

Sociedade