O PP de Fene fixo constar en acta posibles irregularidades na proba da praza de peón

O PP de Fene fixo constar en acta posibles irregularidades na proba da praza de peón

23 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Seguimos pendentes da polémica desatada pola convocatoria dunha praza de peón municipal no cocnello de Fene. Nestamesma páxina coñecimos onte as razóns do alcalde Iván Puentes presidente do tribunal, e do portavoz do grupo municipal do BNG, Manuel Polo. O primeiro garantindo a limpeza do exame e o segundo, calificando de "suceso sen precedentes" no concello de Fene.

Hoxe indagamos nas posturas do grupo municipal popular e de EU, os dous con representantes presentes nese tribunal. A concelleira  Rocío Bértoa, pon en dúbida que alguén poidese facer ese exame en 10 minutos e así o fixo constar en acta tralas calificacións da proba, cousa que non fixeron o resto dos grupos políticos, segundo as suas manifestacions esta mañán en radiofusión. Por iso critica tamén o proceder do BNG por airear o problema na prensa.

O PP quere que se esclareza o caso, o mesmo que EU está disposta a repetir os exames se é necesario. O seu portavoz, Manuel Sánchez, afirmou que non pode asegurar que houbera filtracións, que non ten probas, pero sí lle parece extrano que un exame como ese, que suspenderon moitos aspirantes porque era difícil, se poida acabar en tan pouco tempo e levar un 10. Esquerda Unida observou tamén cuestións anómalas nesa proba. Dous dos aspirantes sacaron un 10, nun exame tipo test de 54 preguntas. Iso é algo moi dificil e que non lle ten ocurrido ao concelleiro Manuel Sánchez en toda a súa experiencia vital.                                                                                  

Sociedade