O PP de Fene reclama a documentación do Río Cádavo

O PP de Fene reclama a documentación do Río Cádavo

07 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Partido Popular de Fene esixe a presentación por parte do alcalde de Fene de documentos relacionados co Río Cádavo. O PP demanda ao primeiro rexedor os documentos dos que falou no pleno do pasado xoves e que supostamente proban un proxecto da anterior Xunta para o río Cádavo.

O portavoz do PP de Fene, Gumesindo Galego, tamén reclama de xeito inmediato dos documentos que supostamente Iván Puentes entregou á actual Xunta e na que consta un proxecto que non se está a levar a cabo.  

En caso de no aportar documento algún Gumersindo Galego esixe ao alcalde que pida disculpas aos veciños de Perlío pola súa deixadez nestes meses e tamén por mentir no Pleno descargando a culpa en institucións que seguramente nen chegaron a coñecer o problema.

Institucional