ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
"O Partido Popular predica pero non practica a transparencia como o evidencia a súa oposición á toma en consideración dunha Lei de Publicidade Institucional" afirma a deputada do Bloque Nacionalista Galego Montse Prado. Para a parlamentaria nacionalista "é esperpéntico e vergoñento que se opuxeran esta semana a debater esa cuestión, cando Alberto Núñez Feijoo prometeu a inmediata presentación desa lei, en nove
"Non queren regular as axudas aos medios de comunicación, non desexan transparencia, porque están cómodos na opacidade, repartindo discrecionalmente e con amiguismos unha cantidade que ronda os dez millóns de euros anuais" indica Montse Prado, salientando que a Xunta se nega a ofrecer no Parlamento esa cantidade global. "Esa situación é cada vez máis insoportable para a cidadanía que reclama con máis forza o bó uso dos recursos públicos" salienta.
Para Prado é inconcebible que "se incumpra reiteradamente o Estatuto de Autonomía e o seu mandato de potenciar o galego, mantendo aos medios de comunicación que empregan esta lingua, con faragullas". Na proposición de Lei presentada esta semana polo BNG, a partir do texto remitido pola Asociación de Medios en Galego, reclamábase igualmente, a obrigatoriedade de estabilidade e criación de emprego para os medios que reciban subvencións e axudas públicas".
A LPI propoñía garantir a utilidade pública e a transparencia das campañas institucionais de publicidade. Implicaba a erradicación daquelas campañas que teñan como finalidade ensalzar o labor do goberno. A Lei recollía a elaboración dun informe anual con todas as campañas contratadas no exercicio e a relación dos adxudicatarios dos convenios asinados con medios de comunicación. Propoñía tamén a elaboración dun plan anual de publicidade e comunicación. Asimesmo instábase a excluir das campañas institucionais de publicidade aqueles medios que inclúan publicidade da prostitución.