ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Partido Popular revalidaría a maioría absoluta en Galicia nas eleccións do vintecinco de setembro. Segundo a enquisa do CIS, a candidatura de Núñez Feijóo obterá entre 40 e 41 escanos, por 15-17 de En Marea, 16 do PSdeG PSOE e 2 do BNG. Ciudadanos situaríase entre 0 e 1 deputado.
É o panorama que debuxa a enquisa preelectoral do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) para as eleccións do 25 de setembro. O que será o inquérito máis completo ata a cita coas urnas augura que o PP de Alberto Núñez Feijóo oscilaría entre os 40 e os 41 escanos, isto é, tantos como os logrados en 2012.
As oscilacións que prognostica o CIS daríanse na banda opositora a comezar polo PSdeG, que pasaría de 18 escanos a 16, e a seguir polo BNG, que segundo esta sondaxe perdería cinco dos seus asentos actuais na Cámara ata quedar en 2. En Marea, pola súa banda, melloraría os resultados de AGE logrando entre 15 e 17 escanos. Socialistas e En Marea estarían, di o estudo, empatados nun 19,9% dos votos. Sempre segundo este estudo, Ciudadanos estaría á beira da representación, con entre 0 e 1 escanos.