O PPdeG considera que as imposicións do idioma remataron coa Xunta do bipartito e elude as declaracions de Vázquez Abad sobre segregar o alumnado por lingua

O PPdeG considera que as imposicións do idioma remataron coa Xunta do bipartito e elude as declaracions de Vázquez Abad sobre segregar o alumnado por lingua

19 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O portavoz PPdeG, Antonio Rodriguez Miranda, dixo hoxe que "aqueles que fixeron campaña para a imposición da língua e empregar o galego" para dividir a sociedade séntanse hoxe nas cadeiras da oposición" -PSdeG-BNG -. Tanto socialistas como nacionalistas criticaron abertamente a posibilidade apuntada polo conselleiro de Educación de segregar o alumnado en aulas diferentes en función da lingua falada.

Nunha declaración, o portavoz dos populares respondeu á parlamentaria do BNG, Carme Adán, que expresou hoxe o seu "profunda rexeitamento" ás declaracións do titular de Educación sobre a posibilidade da segregación dos estudantes en función da súa lingua e deixar sobre a mesa "a posibilidade" dunha medida que considerou hoxe como "aberración educativa."

Así, Miranda dixo que o 1 de marzo "a maioría dos galegos optou un goberno por todos e para todos" e para "garantir o dereito dos pais a escoller a educación dos seus fillos. "

Por último, aclarou que coa chegada dos 'populares' á Xunta, remataron as "imposicións" do galego e chegou a época do consenso e da liberdade "e non exclusión ", como parte do "galeguismo integrado" do partido.

Tamén críticos do Partido Popular se amosaron os socialistas. O seu voceiro parlamentario, Xaquín Fernández Leiceaga, denunciou que os populares venderon o consenso en cuestión de lingua por unha manchea de votos. Segundo o socialista, de seguir o camiño da división en aulas por cuestión de idioma, a Xunta anularía a función da escola como factor de integración social.

Sociedade