ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O deputado popular José Manuel Balseiro ven de presentar no Parlamento de Galicia unha Proposición Non de Lei na que insta a Xunta a adoptar as medidas oportunas para garantir a asistencia de escolares con discapacidade ó Curso Internacional de Música e Musicoterapia que se celebra en Mondoñedo. A voceira do PP mindoniense Elena Candia e os directivos de AIMPNE (Asociación Interdisciplinar Musicosensorial a favor das Persoas con Necesidades Especiais) Elena L&
José Manuel Balseiro resaltou na súa intervención que o Curso de Musicoterapia está dirixido a nenos con necesidades especiais, chegados de múltiples concellos da comarca e de varios países e foi declarado de interese sanitario. Esta actividade engloba non só esforzos de músicos e musicoterapeutas senón tamén de profesionais da saúde que colaboran na integración dos rapaces. Segundo o deputado popular “as administracións públicas teñen a obriga de contribuír o apoio destas iniciativas non só porque supoñen un avance significativo en materia de igualdade senón porque dende Xunta se estan a desenvolver accións dirixidas a facilitar o acceso aos servizos de apoio e estímulo ás persoas con diversas disfuncionalidades”.
Os voceiros populares salientaron tamén pola a seriedade e profesionalidade dos organizadores e do persoal participante, a importancia dos fins que persegue o Curso e a repercusión económica que ten en Mondoñedo. Pola súa parte, Elena López, presidenta de AIMPNE sinalou que deste xeito o Curso de Musicoterapia obtén un recoñecemento co que xa contaba a nivel europeo. Agradeceu tamén ás empresas e entidades colaboradoras e comentou que esperan contar co apoio de todas as forzas políticas na defensa desta iniciativa de gran relevancia pública e social.