ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
A verbena hoxe estará amenizada pola orquestra Los Prayer’s e, sempre e cando o tempo o permita, xa a partires da noite comezarase a traballar na elaboración das alfombras florais nas rúas do casco vello sobre as que mañá pasará a procesión do Xoves do Corpus.
Como novidade nesta edición, dende a Concellería de cultura preténdese recuperar unha tradición que se celebraba anos atrás e que consistía en colocar panos en fiestras e balcóns. Por este motivo faise un chamamento a todos os veciños par que engalanen as fachadas dos seus edificios.
Unha participación que dende o concello propoñen que vaia máis alá. Así convídase á cidadanía a acudir con traxes de época á recreación medieval que se vai desenvolver na fin de semana dos días 13 e 14 de xuño. O casco vello transformarase nun gran mercado de época co noventa postos con diferentes produtos de artesanía e espectáculos de rúa. Haberá ademais talleres de oficios, xogos medievais, unha exposición de armas e cabaleiros, guerreiros e personaxes da cortes animarán as rúas acompañados de trasnos, saltimbanquis e fadas.