ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O presidente da Xunta de Galicia recibiu esta mañá aos deportistas galegos que veñen de finalizar a súa participación nos Xogos Olímpicos. Feijóo destacou o afán de superación, o esforzo e a constancia que os caracteriza e referiuse a todos eles como o maior expoñente da marca Galicia. “Cunha medalla de ouro e 8 diplomas ensinades ao mundo que Galicia está en mellor forma ca nunca. E sodes tamén un exemplo a seguir
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, trasladou esta mañá, en nome do Goberno galego e de Galicia, a felicitación e o recoñecemento aos deportistas olímpicos galegos polos éxitos acadados en Río 2016. “Detrás dos nomes de Alessandra Aguilar, Frank Casañas, Jean Marie Okutu, María Bernabeu, María Vilas, Teresa Portela, Rodrigo Germade, Óscar Carrera, Cristian Toro, Ana Vanesa Rial, Paula Medín, Miguel Alvariño, Fernando Alarza, Támara Echegoyen, Iago López e Fernando Echávarri, está unha terra que vos admira e apoia e que hoxe vos recibe con orgullo”, aseverou.
O titular da Xunta concluíu afirmando que os resultados acadados proban unha vez máis que Galicia é unha terra que leva o deporte polo mundo, pero que tamén é unha terra que o acolle con fervor, como se está demostrando nas primeiras etapas de La Vuelta; “un acontecemento internacional que está a dar a coñecer Galicia en todo o mundo”.