O presidente do Ateneo Republicano desmárcase da petición dunha “república galega”

O presidente do Ateneo Republicano desmárcase da petición dunha “república galega”

19 de Xuño, 2014 - 12:00 h. | Publicada por

“É día de reivindicar só con bandeiras republicanas; as bandeiras do Bloque, de AGE, de Anova teñen os seus días”. O presidente do Ateneo Republicano de Galicia (ARGA), Cándido Barral, revela o seu malestar con parte da formulación da manifestación unitaria que co lema “Galiza pola República e polo Dereito a Decidir” se vai desenvolver na

Verbo da proclamación do novo rei de España, Cándido Barral sinala que “o artigo 1.2 da Constitución di que a soberanía radica no pobo”, e xa que logo “o único soberano neste país somos nós, non Felipe VI”. O Ateneo Republicano sostén que a monarquía “é ilexítima, foino a de Juan Carlos e vaino ser a de Felipe VI”, porque “a ruptura democrática rachouse no golpe de estado cruento”. Xa que logo, para gañar esa lexitimidade que Barral lle nega, coida que o monarca, “de xeito inmediato, nun ano como moito, ten que formular un referendo popular preguntando á xente se quere monarquía ou república”. A coroación desta xornada cualifícaa de “representación político-teatral” e concede que os actores da mesma “dánme moitístimo medo”.

Convocatoria

Durante os actos de proclamación do rei Felipe VI en Madrid esta mañá estivo prohibida a exhibición de bandeiras republicanas e tamén foi desestimada polo Goberno a solicitude de desenvolver unha concentración republicana. Con todo, o coidado extremo no control da discrepancia nesta xornada de exaltación e perpetuación do actual modelo de Estado, non chega ata Galicia. Separados centos de quilómetros da capital española, aquí quen así o queira vai poder expresar ben a súa admiración, ben a súa oposición á monarquía. E os contrarios a este sistema disporán de convocatorias en varias cidades galegas para berrar o seu rexeitamento.

A principal desenvolverase na cidade da Coruña, onde máis de 20 organizacións sociais, sindicais e políticas, percorrerán en manifestación as rúas da cidade a partir das oito do serán. Convocadas pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica, marcharán dende a Casa do Mar até a Delegación do Goberno, apoiadas nun manifesto que as identifica como partidarias “da ruptura democrática” e da liberdade de “decidir sobre o noso futuro”, ademais de apostar por “procesos constituíntes nas nacións do Estado”. O lema da manifestación é “Galiza pola República e polo Dereito a Decidir”.

Institucional