O primeiro é recuperar a nosa vida

O primeiro é recuperar a nosa vida
20 de Marzo, 2020 - 10:04 h. | Publicada por Radio Fene

A Federación Galega de Fútbol non sabe aínda que decisións tomar porque non sabemos cando vai rematar este inferno, afirma o delegado en Ferrol, Manolo Mesa.

ESCOITA O PODCAST:

O delegado en Ferrol da Federación Galega de Futbol é pai e avó por iso onte foi un día moi difícil, confesa, como para todos os pais que non poden ver aos seus fillos. Manolo Mesa declarou a Radio Fene esta mañá que o futbol é secundario e a única preocupación neste momento é a saúde de todos. A partir daí contesta á nosas preguntas que “Non sabemos absolutamente nada porque non sabemos cando vai rematar este inferno”. Manifesta Manolo Mesa que hai unha predisposición da FEF de que esta temporada se termine dentro dos cauces mellores para todo o mundo, pero non saben como.

“Nas categoría inferiores poderían adoptarse solución diferentes ás das categorías superiores” afirma o delegado en Ferrol da FGF que será que finalmente adopte as medidas máis xustas para todos. Engade Mesa, “Cando recuperemos a nosa vida xa veremos”. Postos na hipótese de xogar máis partidos en menos tempo, cabería esa posibilidade tendo en conta que en cuestión de días teremos máis horas de luz, o que amplia o tempo para xogar máis partidos. Como manteñen os xogadores a forma? Contesta Mesa que aí a federación non pode decir nada pero os clubs xa deron pautas que dependen das circunstancias de cada un.

“A xente do deporte está afeita a recuperarse psicoloxicamente ante calquer revés” conclúe Mesa, que ven de enviar unha comunicación nese sentido aos clubs de ferrolterra.

Deportes

Publica o teu comentario agora