O primeiro reino medieval de Europa

O primeiro reino medieval de Europa
31 de Marzo, 2018 - 12:00 h. | Publicada por

Un pacto (foedus) entre os suevos e o Imperio Romano sobre o ano 410 debeu dar lugar á fundación en Gallaecia dunha nova entidade política, o Reino de Galicia. O rei suevo de Galicia recoñecería teóricamente a superioridade xerarquica do emperador ainda que será el quen asumirá todas as función públicas propias deste. De todo iso fálase na exposición In tempore sueborum O tempo dos suevos na Gallaecia (

As capas populares vironse aliviadas da forte presión fiscal exercida ata entón polo imperio. O mapa da toponimia derivada de antropónimos suevos (xermánica) mostra unha dispersión ampla por todo o país, ainda que a instalación da capital do reino na cidade de Braga, obriga a pensar nunha maior intensidade e compactidade de ocupación sueva nesta rexión. 
Durante varias décadas (ata o 449) os suevos deberon profesar o cristianismo ariano, mantendose así ideolóxica e institucionalmente segregados dos católicos galaicos que conservaban a estrutura xerarquica tradicional da Igrexa romana. 
As campañas militares de Hermerico (primeiro rei suevo, falecido en 441) e do seu fillo e sucesor Requila (no 448) logran trazar os límites do reino bastante ao sur da Gallaecia, chegando ás proximidades de Lisboa.
 
LOPEZ CARREIRA, ANSELMO (2013) Historia de Galicia. Ed. Xerais. Vigo. 
Sociedade