O problema dos permisos 

O problema dos permisos 
30 de Xaneiro, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Máis que a auga preocúpanme os permisos”, manifestou a concelleira de Obras e voceira de Esquerda Unida no Concello de Fene, Mari Carmen Martinez, que tamén avanzou algúns proxectos para os que se pedirán fondos do Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña.

ESCOITA O PODCAST:

“Os temporais afectan, pero non tanto como eu esperaba”, declarou a concelleira de Obras, Mari Carmen Martíez, que sinala os permisos doutras administracións como o gran lastre que atrasa a execución de proxectos en Fene. “Un ano de moito traballo, con moitas obras”, é a súa previsión para 2026. Anunciou que se levará a Pleno a semana que vén a lista de obras para as que se solicitarán fondos do POS. A segunda fase de Buios, a segunda fase do Camiño de Feal, o aparcamento do cemiterio parroquial de Sillobre, o parque Rosalía en Perlío…son algunhas das obras que o Concello quere executar con financiamento da Deputación. 

Institucional

Publica o teu comentario agora