ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O proceso de Boloña é unha iniciativa de converxencia entre os paises da Unión Europea. Preténdese facilitar o intercambio de titulados e adaptar os estudos universitarios ás demandas sociais, segundo os seus promotores. Pero dende a súa apertura ten xenerado unha gran oposición entre os estudantes.
Galiza Nova organiza un debate en As Pontes para tratar o Proceso de Boloña. A organización xuvenil do BNG organiza en As Pontes unha charla-debate para tratar en profundidade o Proceso de Boloña e dar resposta ás dúbidas que poida haber entre o estudantado de As Pontes.
O acto, que terá lugar o venres 29 de maio ás 20.00h na Casa Dopeso, contará coa presenza do Responsábel Nacional da organización estudantil Comités, Marcos Loureiro, a Vicerreitora de Calidade e Novas Tecnoloxías da UDC, Elena Sierra, e do Responsábel Nacional de Universidade da CIG-Ensino, Xulio Ferreiro.