O profesor da Universidade de Vigo, Carlos Guisande, crea un sistema de identificación de especies mariñas

O profesor da Universidade de Vigo, Carlos Guisande, crea un sistema de identificación de especies mariñas

18 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Ipez, un sistema experto para facilitar a identificación dos peixes adultos, creado polo profesor do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da Universidade de Vigo, Castor Guisande, permitirá que a Universidade olívica entre na FAO. Ipez comezou a cobrar forma hai catro anos e hai un ano e medio que funciona de forma on-line, na dirección de internet www.ipez.es. A Fao e a universidade asinaron un acordo para que Guisande i

Segundo explicou o seu mentor en Radiofusión, trátase dun sistema para identificar os peixes a nivel de especie e en base a variables morfométricas. A identificación realízase a través dos datos existentes nun arquivo ou introducíndoos nunha pantalla. O obxectivo é poñer en funcionamento un sistema a nivel internacional no marco da FAO que poda ser empregado por calquera persoa.

Guisande traballará como coordenador dos distintos departamentos da FAO  e na investigación para que os países aporten información neste sistema “Hai máis de 3 mil especies e na base de datos só contamos con 2 mil, polo que entre todos se irá incrementando”, apuntou. Na práctica, o Ipez terá unha ampla aplicación. Axudará na xestión dos recursos pesqueiros, onde existen unha ampla gama de especies identificándoos de xeito doado. Automatiza todo o material rápidamente, aclarou o profesor. “Nos casos de organismos oficiais identificará todas as especies comerciais. Tamén serverá para o público en xeral xa que a información científica virá acompañada de gran cantidade de fotos faciltando a súa aprendizaxe”, aclarou Guisande.

Sociedade