ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O dous de abril de 1846 un grupo de militares progresistas inicia en Lugo un pronunciamento contra o goberno conservador de Narvaez. Pero os galeguistas ou provincialistas van asumir a "trama civil" do golpe. A asonada remata co fusilamento de doce militares en Carral e iso vai convertirse na semente dun importante proxecto colectivo.
Recollemos de seguido a versión dos sucesos acaecidos en Galicia en abril de 1846, ofrecida por Xose Ramón Barreiro, na Historia de Galicia publicada en 1979:
“O levantamento de 1846 non pode ser interpretado como un pronunciamento militar máis. Hai elementos atípicos que teñen que ser asumidos nun modelo propio. No levantamento interveñen os militares, máis non somentes os militares. Hai unha incorporación moi notable de civís. O levantamento foi preparado na súa maior parte polo partido progresista, máis o grupo galeguista, o máis forte intelectualmente, soupo chegar a facerse imprescindible, dotalo da altura necesaria e controlalo civilmente por medio da Xunta Suprema de Galicia. Preside a Xunta Rodriguez Terrazo, actuando como secretario Antolín Faraldo, estudiante a quén debemos moitas das mellores páxinas escritas por eses anos sobre Galicia. O levantamento que comeza en Lugo o 2 de abril de 1846, derrúbase o 26 de abril en Carral, co fusilamento de doce oficiais. Máis non todo fracasou cando os dirixentes vencidos, Faraldo, Romero Ortiz, Rúa Figueroa, Añón, Rodriguez Terrazo e outros patriotas galegos pisaron a terra irmá de Portugal como exiliados. Xusto naquel instante o galeguismo empezaba a ser unha esperanza inmortal”.