ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O vindeiro sábado 1 de maio ás 20.30h, o auditorio Carmen Estévez de Vilalba acollerá a representación “Master Class”, do autor norteamericano Terrence McNally. As entradas estarán á venta a partir do luns 26 na oficina de cultura de 10.00h a 15.00h e no auditorio de 18.00h a 21.00h, contando cun prezo en taquilla de 5€ e 3€ para xubilados e estudantes, e en venta anticipada contará cun prezo de 3€.
O proxecto “MasterClass” é un espectáculo que toma como pretexto, desde o punto de vista argumental, as famosas “master class” que María Callas impartiu na afamada academia neiorquina “Juilliard”, ao remate da súa vida artística. O autor do texto, Terrence Mc.Nally, transforma este evento nun “tour de force” entre a vida privada e a artística, creando un conflito de imnumerables matices no que a sabiduría da persoaxe e a riqueza das súas vivenzas forman un xeito de catarse na que se ven envoltos todolos participantes na cerimonia da representación: público, actores, cantantes...
O elenco artístico desta obra parte da súa protagonista, Mabel Rivera, que é a principal actriz nun bo reparto, no que figuran actores da talla de Lino Braxe ou Estíbaliz Espinosa, mentres que os papeis líricos están interpretados por cantantes de traxetoria contrastada como Carmen Subrido ou Laura Alonso e Francisco Pardo, cunha carreira internacional recoñecida, e coa caracteristica de seren escollidos no entorno do panorama lírico xeográfico procedente de Galicia para formar un equipo de traballo uniforme e ductil ó mesmo tempo.
A dirección de escena é de Xosé M. Rabón, e o deseño escenográfico de Xosé Méndez (Escenoset), profesional con recoñecido prestixio en todo o estado. Todo o proceso de produción se circunscribe a comunidade de Galicia : construcción de escenografía, elaboración de vestiario, atrezzo, deseño de iluminaciòn e ensaios, de maneira que o proceso poida ser controlado en todo momento pola produción executiva.