ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Apego é afección, inclinación ou amor por algo ou alguén. Apego é vínculo. Apego é sintonía, empatía. O apego é necesario para o desenvolvemento social e emocional. E o apego é fundamental para a lingua. Doce concellos galegos asinaron esta semana en Compostela o compromiso para a posta en marcha do proxecto Apego, para a socializació
Entre as accións de Apego que foron comprometidas polos doce concellos participantes está o deseño dunha imaxe común para o programa; a edición dunha campaña informativa con material para distribuír nos espazos que habitualmente atenden ao embarazo e á adopción; a produción e distribución de 5.000 caixas con materiais como un libro de recomendacións, un álbum de primeiras experiencias, unha manta-apego, un medidor, etc., para entregarlles ás persoas que agardan un fillo ou filla coa finalidade de preparar a acollida das crianzas, dende a perspectiva da responsabilidade da transmisión da lingua, ou a produción e distribución de 5.000 discos con cancións infantís en galego de grupos variados para diferentes momentos e con diferentes motivos. O programa Apego buscará tamén a creación dunha rede coas familias interesadas en recibir información e recursos de apoio para a crianza en galego.
Estas actividades completaranse con obradoiros formativos, con ctividades dirixidas á primeira infancia e coa creación dun espazo-web para informar do desenvolvemento do programa e aglutinar o acceso á información, recursos e redes de apoio á transmisión da lingua.
Proxecto cooperativo
O proxecto Apego naceu a partir do Curso de verán de dinamización lingüística que organizou a Universidade da Coruña, en colaboración coa Coordinadora de Traballadores de Normalización Lingüística, en Carballo, e que tivo lugar no mes de xullo centrado na transmisión interxeracional da lingua. A partir de aí, varios técnicos e técnicas as dos servizos de normalización lingüística fórono desenvolvendo e propuxéronlles a implementación do programa a todos os concellos que contan con estes servizos, e foron doce os que, para procurar mellorar a situación da lingua nas idades máis temperás, se comprometeron a executalo. Son A Baña, Carballo, Carnota, Ferrol, Narón, Negreira, Ourense, Pontevedra, Redondela, Rois, Santiago de Compostela e Vigo.