O PSdeG acusa á Xunta de mentir sobre as listas de espera na sanidade

O PSdeG acusa á Xunta de mentir sobre as listas de espera na sanidade

05 de Maio, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Secretario Executivo de Sanidade do PSdeG-PSOE, Miguel Ángel Fernández, vén de acusar ao Goberno de Feijóo de “rebasar os límites do eticamente permitido” e do considerado como “razoable” tomando como base a nota publicada pola Consellaría de Sanidade sobre a evolución das listas de espera no primeiro trimestre de este ano na sanidade pública. Para o re

Destes, 200.000 galegos están a esperar por unha primeira consulta de especialista. 85.000 esperan probas diagnósticas. Deles, 54.000 esperan por unha proba radiolóxica, máis de 3.000 superan a espera de seis meses. 1.000 pacientes esperan por unha proba endoscópica, dos que 700 superan tamén o medio ano de espera. Hai tamén 3.235 persoas esperando por unha electromiografía, das que 1.000 máis de seis meses.

Fernández López calcula que preto de 60.000 persoas están á espera dunha intervención cirúrxica. 39.000 da lista estrutural que dou a coñecer a conselleira Mosquera e 20.000 da non estrutural, que da que se nega a dar coñecemento ao Parlamento, recorda o deputado socialista.

Institucional