O PSdeG pide garantías á Xunta para a devolución das preferentes

O PSdeG pide garantías á Xunta para a devolución das preferentes

26 de Maio, 2012 - 12:00 h. | Publicada por

O portavoz de Consumo do Grupo Socialista, Juan Carlos Francisco Rivera, vén de presentar unha proposición non de Lei para que o goberno garanta a devolución das participacións preferentes. Insta á Xunta a que reclame do Goberno o cambio do RD 18/2012 garantino a recuperación íntegra dos cartos defraudados dos usuarios que contrataron estes produtos. O responsable socialista reclámalle así ao Goberno de España “que estableza os crit

Os socialistas galegos reclaman, a través desta iniciativa, que o Goberno faculte ás entidades financeiras que o troco das participacións preferentes e as obrigas subordinadas comercializadas de forma fraudulenta “se faga por depósitos de prazo fixo ou calquera outro produto financeiro dotado de liquidez”. Juan Carlos Francisco insta así ao goberno a que cambie o Real Decreto sobre saneamento e venda de activos inmobiliarios do sector financeiro, que empraza ao goberno a establecer, a través dun novo Real Decreto, os supostos nos cales as entidades poidan trocar as preferentes por accións ou obrigas subordinadas da entidade, así como os criterios para determinar a porcentaxe de valor nominal destes.
 
O parlamentario socialista sinala que esta disposición, “lonxe de contribuír a solucionar o conflito en Galicia, incrementa as posibilidades de que as entidades financeiras faculten ás vítimas da fraude unha solución altamente prexudicial e claramente lesiva para os seus intereses”. Explicou que isto é así porque “abre a porta a que o troco non se faga polo valor nominal de adquisición, senón polo seu valor de mercado”.
 
Juan Carlos Francisco manterá o próximo martes un encontro co fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Carlos Varela, para ofrecerlle a máxima colaboración dos socialistas de Galicia e poñer á súa disposición toda a documentación e información de que dispoñen os socialistas galegos sobre esta fraude e que a demanda “sexa o mais axustada posible aos feitos denunciados”.
 
Lembrou que esta iniciativa do fiscal corresponde a unha iniciativa socialista aprobada polo Parlamento de Galicia o pasado 12 de abril e que instaba ao goberno galego a remitirlle á fiscalía toda a documentación no seu poder para abrir unha investigación sobre esta fraude masiva a consumidores galegos que carecían do perfil investidor e de coñecementos financeiros sobre os riscos destes produtos esixidos pola normativa vixente.
Institucional