O PSdeG reivindica a igualdade dos veciños da Illa de Ons cos habitantes doutros parques nacionais

O PSdeG reivindica a igualdade dos veciños da Illa de Ons cos habitantes doutros parques nacionais

26 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Parlamentario Socialista Carmen Gallego defendeu hoxe no Pleno do Parlamento, unha proposición asinada conxuntamente co BNG, na que reclaman modificar a Lei 5/2001, que establece o réxime xurídico da Illa de Ons en base ao sistema de concesións. Demandan cambiar o texto da lei para recoñecer a titularidade veciñal das vivendas desafectando as casas do dominio público e outorgándoll

Na súa intervención a deputada pontevedresa agradeceu en primeiro lugar a loita innegable dos habitantes da Illa por salvagardar, respectar e preservar este espacio natural. “A súa reivindicación é xusta e merecen o apoio de todos e todas nós”, proclamou. Tamén fixo referencia ao acordo unánime da corporación de Bueu que impulsou esta proposta.  

Gallego afirmou que esta proposta “serve para reparar un erro cometido coa lei 5/2001 de réxime xurídico das concesións da Illa de Ons”. Xa que asegura “non era necesario, nin antes nin agora declarar todo o territorio como ben de dominio publico”.  

Lembrou que o PSdeG votou en contra desta Lei, pero advirte que o PP “presenta un decreto sen negociar cos veciños”. Sinala que rebaixa de 99 a 75 anos as concesións e ademais impón un canon anual para pagar polas súas vivendas aos veciños. Explica que hai 92 casas en Ons, arredor de 10 son propiedade da administración e as restantes dos veciños e veciñas. 

A portavoz socialista replica que non é certo que para desafectar as vivendas sexa necesario reverter a condición de Parque Nacional como di o informe xurídico da Xunta. Argumenta que tódolos Parques Nacionais que hai en España teñen dentro do seu territorio propiedades privadas e vivendas privadas e non se concesionan (como o Teide, Garajonay, Picos de Europa, Doñana, etc..). 

Gallego di que o respecto polo medio ambiente non implica eliminar a pegada humana dos espazos protexidos, “é Ons e un territorio habitado historicamente, transformado e vivido”, espetou. 

Ademais sinalou que dende o PSdeG respectamos o Parque Nacional e tamén o patrimonio material e inmaterial de Ons e ás súas xentes “xa que xa nos legaron abondosa cultura mariñeira”.

Institucional