ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O PSdeG-PSOE de Vilalba puxo en marcha, nas rúas da vila, a Campaña Porta a Porta, coa que pretende dar a coñecer o programa electoral que o partido ten previsto desenrolar a partir do 1 de marzo, se o resultado dos comicios autonómicos lle son favorables. Esta iniciativa non &eacut
O líder do comité local dos socialistas vilalbeses e Delegado Provincial da Consellería de Medio Ambiente, Eduardo Vidal Baamonde, e Sonia Verdes, número catro por Lugo das listas do PSdeG ao Parlamento de Galicia, xunto con outros membros do PSOE vilalbés, foron os encargados de comunicarlle á xente o programa político do seu partido, ademais de distribuír material gráfico onde se amosaban as principais liñas de goberno para os próximos catro anos.
Para Baamonde esta iniciativa “é unha forma de participar e que a xente nos vexa na rúa moitos máis días”. Para o responsable local do partido, a Campaña Porta a Porta permite “palpar a opinión da xente e que así nos poidan transmitir as súas inquedanzas”.
Pola súa banda, Sonia Verdes considerou que este tipo de accións contribúen a “contactar máis coa xente para poder tratar de achegar as nosas propostas, aquilo que levamos feito e o que vamos a facer, sen esquecer que nos conten os seus problemas e todas as demandas que necesiten”.