O PSOE suspende de militancia aos edís críticos de Ourense

O PSOE suspende de militancia aos edís críticos de Ourense

30 de Xaneiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou este xoves a suspensión de militancia do cinco concelleiros díscolos do PSOE de Ourense que "incumpriron as súas obrigacións" ao deixar de asistir ás xuntas de goberno local e reunións do grupo municipal.

Esta situación mantense desde o pasado 16 de decembro, cando este grupo de críticos abandonaron unha sesión plenaria durante a votación, deixando en minoría ao alcalde, Agustín Fernández.

Este mesmo xoves, as tres edís díscolas con asento na xunta de goberno non acudiron á cita, aínda que dúas delas presentaron ao rexedor un escrito de renuncia o pasado día 13.

Sociedade