O pulpeiro Pajarito regresa ás augas

O pulpeiro Pajarito regresa ás augas

05 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O bote pulpeiro “Pajarito” volverá ao mar ás cinco desta tarde no peirao de Curuxeiras en Ferrol. A botadura desta embarcación construida en 1906 enmarcase dentro do programa das festas da Parrocheira.

O carpinteiro de Perbes Ramón Picos construiu a comezos do século XX o “Pajarito”. O bote traballou todas as artes tradicionais de pesca, recollendo zamburiña, faneca, abadexos, ostras e polbos desde Mugardos a Maniños. No pasado ano 2008, adquiriuno Alberto Bouza quen restaurou a embarcación, colocandolle a vela latina orixinal. Eliminouse a capa de fibra que recubría o barco. A botadura do Pajarito comezará ás cinco desta tarde no peirao de Curuxeiras en Ferrol.

Sociedade