O Puntal festexa a súa celebración máis arrigada, a Festa da Merced

O Puntal festexa a súa celebración máis arrigada, a Festa da Merced

25 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As festas da Merced comezan esta tarde no Puntal . A celebración tradicional e máis importante do calendario festivo desta parroquia de Neda. Durante tres días o Campo da Festa Puntal encherase da troula e do ambiente festivo. Os festexos comezan este serán co II campionato de tiro de corda ao que lle seguerá unha mexilonada.

Tres días de festas patronais no Puntal en honra á virxe da Merced. Este serán ás sete e media comezan os actos co II campionato de tiro con corda.  Primeiro é a quenda infantil con agasallos para todos os nenos e nenas participantes. Arredor das oito será o turno dos maiores  . Os  tres primeiros postos obterán unha recompensación en metálico. Só poden participar grupos mixtos. Para repoñer folgos ás nove degustarase unha mexilonada. 

Mañá sábado, comezan os auténticos festexos. A orquestra Oriente arrufará a sesión vermú e a verbena nocturna. O domingo, día de inflexión das celebracións, darase lectura ao colofón por parte do escritor nedense Vicente Araguas. Levarase a cabo a procesión da virxe da Merced pola estrada Fene-Neda á que lle seguerá unha misa campestre en honra a súa patrona.

Un dos compoñentes da organización das festas, Manuel Castro, destacou esta mañá en Radiofusión a longa historia desta celebración. Uns festexos moi arraigados no Puntal. Castro lembraba como se celebraban no pasado na propia estrada, cando aínda non existía a pista onde teñen lugar agora as festas.

O colofón é unha das peculiaridades das festas do puntal. Xa é o segundo ano que se leva a cabo. Segundo Castro, querían diferenciarse do resto de festexos que fan os típicos pregóns. Unha pincelada novedosa que este ano conta cun protagonista de excepción o escritor nedense Vicente Araguas.

Sociedade