ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O Concello de Fene xa ten equipo redactor para o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal. O concelleiro de Urbanismo, Manuel Polo, informou esta mañá de que a Mesa de Contratación seleccionou a oferta presentada polo estudo de Arquitectura e Urbanismo da Coruña Alfonso Botana S.L.

Cumpríronse os prazos anunciados polo Goberno local e xa foi seleccionado o equipo redactor do novo PXOM de Fene. A oferta presentada polo estudo de Arquitectura e Urbanismo Alfonso Botana S.L. foi a mellor valorada tanto na parte técnica, que valoraron expertos da Xunta, a Deputación da Coruña e o Concello de Valdoviño, como na económica. O Concello sacara a licitación o servizo por un importe de 225.152,93 euros e foi adxudicado en 179.900 euros. A Mesa de Contratación propón Alfonso Botana SL como contratista do servizo de redacción do Plan Xeral e dálle un prazo de dez días, que rematará o 28 deste mes, para que presente a documentación que xustifique os méritos alegados, anunciou o concelleiro de Urbanismo.
Os prazos
“A finais deste mes teremos equipo redactor”, indicou Manuel Polo. A partir dese momento. “teñen un mes para presentar o plan de traballo e logo oito meses, aló por maio-xuño, para entregar o documento inicial”. Rematará pois este mandato municipal coa entrega dun documento que o concelleiro de Urbanismo considera “importantísimo, porque son as bases, se saen con consenso político van favorecer moito que o proceso sexa favorable”.
Publica o teu comentario agora