ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Oito de cada dez nais en Galicia elixen dar o peito. Os beneficios de amamantar son innumerables para o bebé e tamén para a muller. “Para a nai serve para previr enfermidades como cancro de mama, ovario e endometrio”, ademais de “axudar ao corpo a volver a estado previo ao embarazo”. Para o bebé, “é importante a nivel nutricional e de inmunidade”.
“O leite materno é máis ecolóxico e tamén máis barato. É o que o bebé espera”. “A mellor opción”, destaca a matrona de Ortigueira Sonia Durán. Dar o peito estreita o vínculo entre nai e bebé que pecha o círculo aberto co embarazo. “Veñen con moitas dúbidas e hai moitos mitos en torno á lactancia materna”, indica a matrona do Sergas. “Hai unha falta xeral de confianza nos nosos corpos, a maioría de mulleres veñen con desconfianza, cando se trata dun proceso fisiolóxico como respirar”. Seis meses é o tempo mínimo recomendado de lactancia materna, a partir de aí debe irse combinando con outros alimentos e pode durar ata os dous anos ou máis. Informarse, ir aos grupos de preparación ao parto e ter alguén de referencia con quen falar. Pode ser o grupo de lactancia Bbtta, que ten a súa sede en Narón. Son os principais consellos para as futuras nais.
Publica o teu comentario agora