O quero e non podo do Maniños

O quero e non podo do Maniños

10 de Novembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por

Na primeira autonómica, o Maniños caéu na súa visita ao club do mar de Caión por 3-1. Aos 12 minutos do encontro o Maniños xa perdía 2-0 e ese segundo gol xa determinou o resultado final porque o resto foi un “quero e non podo” segundo o directivo do Cultural Maniños, Alfredo Fernández

Alfredo Fernández recoñecía esta mañá en Radio Fene que o Maniños saíu ao campo "dormido".
"O equipo non acaba de funcionar como debera" segundo Alfredo Fernández, que precisa que hai novo adestrador, novas ideas e falta a sincronización final. A próxima xornada trae ao Orillamar, a dous puntos por riba do Maniños na clasificación.

Sociedade