ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Racing Vilalbés non ten que envexar a clubs como o Real Madrid ou o Barcelona. A lo menos en canto ao medio de transporte. Hoxe, nun pequeno acto na Praza da Constitución de Vilalba, presentouse o novo autobús do equipo chairego, que contará cunha rotulación especial onde se amosa o escudo do equipo verdivermello, así como o do seu espónsor, Lactalis, e da empresa propietaria do vehículo e que permitiu este cambio, Autos Llano.
Esta nova imaxe foi posible gracias ao convenio de esponsorización que o Rácing renovou con Lactalis e que incluía a rotulación do autobús. O documento, esencial para que o conxunto vilalbés puidese participar na 3ª división de fútbol e consolidar así o ascenso gañado nos terreos de xogo, terá unha vixencia de catro anos, ata o 2013.
Foi unha empresa vilalbesa, Inker, a encargada de levar adiante os traballos de creación e instalación da rotulación.
O presidente do club, José Antonio Pita, estableceu que o que se pretende con esta acción é “dar a coñecer Vilalba por toda Galicia, sobre todo este ano que estamos en 3ª división, o que nos permitirá estar nas 4 provincias galegas”.
Pola súa banda, o director comercial de Autos Llano, Ramón Fernández, destacou que o Rácing será “un dos primeiros clubs galegos que vai ter un autobús desta categoría, ben rotulado e coa imaxe da súa vila e do seu patrocinador na carrozaría”.
O alcalde de Vilalba, Gerardo Criado, como fiel seguidor, tampouco se quixo perder a cita e afirmou que o Rácing, “como institución moi representativa do noso pobo permitirá amosar, gracias a este ómnibus, a imaxe do seu esponsor e da propia vila, xa que será unha pequena embaixada todos os domingos, cando xogue polos campos galegos”. Para o edil popular “este é un salto cualitativo importante na calidade do propio club”.
Criado aproveitou a ocasión para loubar a traxectoria da directiva, á que cualificou como “extraordinaria”, sobre todo cando é unha labor “pouco agradecida”. Para o alcalde “non foi casualidade o ascenso a 3ª, senón que é gracias a xestións coma esta o que nos permitirá ser unha referencia nos desprazamentos”.