O Racing pesca un punto no Sestao River

O Racing pesca un punto no Sestao River

26 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A renda conseguida na viaxe á localidade vasca non chega para manter aos ferroláns nos postos de promoción, pero dan azos para continuar na pelexa. Máis dado o desenvolvemento do partido. O equipo de Michel Alonso adiantouse cun gol de Carlos no minuto 3. O tanto provocou protestas nos 2000 espectadores de Las Llanas dado que cando se produciu un xogador do River estaba no chan.

A desventaxa no marcador non esfondou ao Sestao, que logrou meter aos ferroláns na área de Reguero. Pouco antes do descanso chegou o gol de Izurza. Na segunda parte os vascos dominaron o balón, pero o Racing se defendeu con orde, o que ao final lle permitiu sumar 1 punto máis.

Deportes