O Real Madrid da Segunda Autonómica

O Real Madrid da Segunda Autonómica

03 de Marzo, 2016 - 12:00 h. | Publicada por

O Galicia de Caranza é o Real Madrid da categoria, para o adestrador do Perlio Matías García. Talentos individuais marcan a diferencia con outros conxuntos. O máximo goleador do grupo é Alberto Calvo do Narón con 12 tantos, pero en segunda e terceira posición xa figuran os dianteiros do Galicia, Brais con once goles e Yeray con nove. O equipo de Caranza visita este domingo Perlío.

Xogan terceiro (Galicia con 28 puntos) contra cuarto da clasificación (Perlío, 23). O Perlío pode ainda meterse de cheo na pelexa polo liderato. Segundo o técnico dos Pinares, nesta categoria gañas dous partidos seguidos e te podes reenganchar na táboa. O partido entre o  Perlío e o Galicia de Caranza xogaráse este domingo ás catro e media da tarde no campo municipal dos Pinares. Pitará o colexiado Fernando Formoso.

Deportes