ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Temos moito traballo. Para nós Reis é a data máis forte do Nadal”. Todo para facer o mellor roscón de Reis que compite cada ano máis co Panetone. En Radio Fene falamos con María del Mar Brage, xerente da pastelería Martínez, orgullosa da súa receita do roscón de Reis, un secreto ben gardado que lle transmitiron haberá dez anos.
“A clave é poñerlle moito cariño e traballo”, asegura. Este ano farán ata 800 roscóns de reis e non todos se comerán en Fene. Tamén teñen encargas de fóra. De medio quilo, de quilo e de quilo e medio. Recheos de ata cinco sabores, Nata, crema, cabelo, con trufa, con fresa e nata, con merengue, sen azucre, sen lactosa. Unha gran variedade de roscóns. Todos con sorpresa e faba. E, todos con sorpresa e coa faba. “O roscón segue sento a estrela do Nadal”. Aínda que na pastelería Martínez tamén venden turróns e moitos panetones, que tan de moda están nos últimos tempos.
Publica o teu comentario agora