ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Defender Cedeira logo dun ataque dos ingleses. Para iso foi construído do Castelo ou Fortín da Concepción, unha fortaleza militar que, desde mediados do século XVIII, foi testemuña de grandes batallas. Visitámola coa guía de Estefanía Purriños.
2 de xullo de 1747. Tres barcos de guerra ingleses prendéronlle lume a unha flota de cargueiros españois que transportaba madeira e ferro de Vizcaya a Ferrol. Por se fora pouco, desembarcaron vinte soldados ingleses na praia de Sorreiras, arrasaron a batería de Sarridal, marcharon monte arriba ata a ermida de Santo Antonio de Corveiro e levaron o que puideron, incluída a imaxe do santo. Tras o susto, os habitantes de Cedeira pedíronlle ao rei, Fernando VI, unha fortificación que defendera a súa ría. Por unha vez, fixéronlles caso. Nove mil reais e cinco meses despois o castelo estaba construído, contounos Estefanía Purriños.
Pasado e presente
O Castelo da Concepción estivo ocupado ata mediados do século XIX. “Nos anos de maior actividade chegou a ter ata 15 canóns e uns 30 homes”, destacou a guía turística. Nos 70 do século XX mercouno o Concello de Cedeira, dúas décadas despois foi restaurado e creouse un centro de interpretación onde poderemos ver reproducións de navíos, réplicas de traxes de soldados, armas empregadas nas batallas, etc. Pódese visitar na Semana Santa e verán, inda que convén chamar á oficina de turismo para confirmar a apertura e os horarios, así como se é para un grupo tamén se poden concertar as visitas. A entrada e de balde, informou Estefanía Purriños.
Publica o teu comentario agora