O reino da lealdade humana

O reino da lealdade humana
18 de Marzo, 2026 - 09:45 h. | Publicada por Radio Fene

"O fútbol é o reino da lealdade humana exercida ao aire libre". Baixo esta premisa de Antonio Gramsci, Fene convértese este xoves 19 no epicentro da Copa da Ría cunha xornada marcada pola camaradería e a competitividade.

 

Fotografía Xan Xe

Ás 12:00 horas do xoves 19, o balón botará a rodar en dous escenarios clave:

  • O Ramo: O Barallobre (2ª Futgal) enfróntase ao reto de superar ao Val de Narón, equipo de Preferente que milita dúas categorías por riba.
  • Os Pinares: Duelo de máxima proximidade entre o Perlío, asentado na zona tranquila da 1ª Futgal, e un Maniños que busca facer valer a súa histórica campaña en Preferente.

Imaxe da S.D.Barallobre

Fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora