O resultado manda

O resultado manda
22 de Novembro, 2022 - 02:36 h. | Publicada por Radio Fene

Maniños 0-1 Torre. As coruñesas marcharon cos tres puntos na sétima xornada da Segunda División da Liga feminina. “A valoración non pode ser boa porque seguimos perdendo, pero as xogadoras traballan ben, aínda que cometemos algúns erros e pagámolos”, declarou Juanjo Iñiguez, Cebolo, a Radio Fene.

 

ESCOITA O PODCAST:

“Igual merecíamos un empate, pero o resultado é o que manda”, opina.“O partido comezou con un pouco de respecto por parte dos dous equipos, tivemos varias ocasións, pero nunha mala acción de saída de balón nosa, equivocámonos, elas aproveitaron e fixeron o gol”, describe o técnico do Maniños. “Tivemos varias ocasións, pero os outros equipos xa nos empezan coñecer e xa non podemos facer o noso xogo tan directo, temos que facer máis combinatorio e cústanos un pouquiño”, explica. Sobre o traballo das xogadoras a valoración do adestrador  é boa. “As rapazas están traballando moi ben”

 

Deportes

Publica o teu comentario agora