O Resurrection Fest comeza mañá en Viveiro

O Resurrection Fest comeza mañá en Viveiro

27 de Xullo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

O festival achega o hardcore, metal e rock á localidade mariñá. Este ano serán 43 bandas as que actúen dende o xoves ata o domingo en Celeiro de Viveiro, en dos escenarios. Representantes da escena musical europea, americana e española van facer as delicias dos milleiros de seareiros que se darán cita na vila.

O Resurrection Fest xa se convertiu nunha das mais importantes citas do rock duro, o metal e hardcore, non só en Galicia senón xa a nivel de España e inclusive internacional. As actuacións dalgunhas das bandas que acudirán a Viveiro esta fin de semana, son data única en España e en Europa. Para os afeccionados a este tipo de música os 40 euros que costa o abono completo daralles a oportunidade de disfrutar de música durante tres días.

Con milleiros de entradas xa vendidas, prevese unha asistencia maior que a de as edicións anteriores. Haberá dúas zonas de acampada gratuitas, a principal delas o parque Penas Peón, equipado con duchas e aseos. Ademais, funcionarán autobuses ata o recinto do festival, ubicado en Lavanderias, Celeiro, con rutas de ida e volta en función das necesidades de cada día.

As cifras da edición 2011 do Resurrection Fest son impresionantes, unha carpa no escenario Jaggermeister con capacidade para máis de mil persoas. O escenario principal contará con unha boca de 16 metros e unha altura de 12. A pesar das mais de 4000 entradas xa vendidas, esperase que o forte chegue coa venda en despacho de billetes e unha proba do interese que suscita este evento son as mais de 150.000 visitas da páxina oficial nas dúas últimas semanas.

Os xoves organizadores do Resurrection Fest comezaron a súa andaina no 2006, cun festival gratuíto e a actuación de dúas bandas. A progresión foi meteórica. Agora nomes da escena metal, hardcore e punk como Bullet for my Valentine, Gorilla Biscuits, Bring me the horizon, Pennywise ou Comeback Kid entre outros sumaranse ós moitos que xa pasaron por Viveiro nas pasadas edicións.

Sociedade