O rival que máis me gustou

O rival que máis me gustou
07 de Febreiro, 2022 - 10:32 h. | Publicada por Radio Fene

Sen goles rematou o partido do Maniños B diante do segundo clasificado da Segunda Galicia de fútbol, o Narahío. O filial do equipo do Pote é quinto con 24 puntos. "Foi o rival que máis me gustou, viñeron a xogarnos de ti a ti, apertándonos arriba cun partido moi aberto, disputado e competido, fixéronnos traballar moito" sinala o adestrador do Maniños Manuel Freire. "Os primeiros vinte minutos eles entraron mellor no partido que nós, crearon perigo e tiveron máis balón que nós, aínda que logo axustamos as marcas e conseguimos unha primeira parte moi igualada".

Fotografía Xan Xe

Na segunda parte fixémolos sufrir e se lles fixo longo o partido" conclúe Freire que pensa que "mereceron algo máis". O Maniños B contou con 13 xogadores, 3 deles do equipo xuvenil. 

 

Fotografía: Xan Xe Corral

Deportes

Publica o teu comentario agora