O rock de Fracasados de antemano e de Scandal en Ferrol

O rock de Fracasados de antemano e de Scandal en Ferrol

14 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O rock blues de Fracasados de antemano soará este venres 16 de outubro na Sala Rum Rum de Ferrol, na Rúa Real 223, na zona da Praza de Amboaxe. Un concerto enmarcado no circuíto da Deputación da Coruña. Ao día seguinte, a banda Scandal dará un concerto no mesmo escenario.

Fracasado de antemano naceu no 2005 no barrio coruñés de Labañou. Román Emilio, Brais, Ainoah e Mario (máis tarde entraría Alba) botaron a andar o grupo facendo versións de rock, blues e rock and roll. Despois de moverse polo panorama de Galicia tiveron que deixar aparcada a súa actividade. Afortunadamente foi un punto e aparte. Agora, un ano máis tarde, os Fracasado volven ao ataque. Sin embargo, cun estilo diferente. A nova formación do grupo (Teje: Batería - Bardanca: Baixo - Román: Teclados - Emilio: Guitarras - Brais: Voces e trompeta - Alba: Voces) tentará facer vibrar á xente co seu pachangueo lúdico-solidario. Lista para fracaso !!!

O concerto na Sala Rum Rum este venres, comeza ás dez e media con entrada gratuíta. Para máis información poden consultar a páxina web www.salarumrum.com.

Ao día seguinte, o sábado a Sala Rum Rum tamén acolle un concerto de Scandal. Unha banda cunha fusión espontánea de música que, en directo mestura sutileza con potencia. A solidez da formación rítmica mistúrase coa fineza da lead, que xunto a unha voz desgarradas e doce dan se mixturan lugar ao que é Scandal. Un pop-rock pragas de enerxía e cheo de matices, aderezado co dozura da variedade idiomática que permiten, dende Galicia, viaxar polo mundo sen moverse dos altosonantes. A banda representa a nova Galiza do século XXI que inunda coa súa cultura a outros países e ao mesmo tempo bebe de fontes internacionais. Un producto galego actual e fresco cun toque multicultural e cosmopolita. Scandal compoñénno Ale Cambon - baixo e contrabaixo. David "Coco" Pazos, guitarra, Luis Quintana, guitarra, Bruno Couceiro, batería e Sandra Candal - voz e coros.

Scandal compoñénno Ale Cambon - baixo e contrabaixo. David "Coco" Pazos, guitarra, Luis Quintana, guitarra, Bruno Couceiro, batería e Sandra Candal - voz e coros.

A música rock, indie eo power pop de Scandal pódese gozar o vindeiro sábado ás dez da noite na Sala Rum Rum de Ferrol. O custe da entrada ascende a 3 euros.

Sociedade