ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Un roteiro percorrerá lugares emblemáticos da Cidade Vella da Coruña o sábado 1 de outubro. Servirá como presentación do podcast “Lobos doentes”, dirixido por Eugenia Sanmartín, e con guión de Antonio Tizón, a partir da novela do mesmo nome que publicará Xerais en xaneiro de 2023. A cuarta novela negra da serie de Tizón -xa se publicaron libros e podcast de Un home estraño, A antesala luminosa e Os incurábeis- desenvolvese nesta ocasión en localizacións como o xardín de San Carlos, o convento dos dominicos, a praza da Fariña ou a rúa Tabernas.
A actriz e directora Eugenia Sanmartín interpretará fragmentos do programa. Tamén se dirixirán ás persoas participantes o académico Xosé Luís Axeitos, o comunicador Cándido Barral e o músico Xurxo Souto, así como o director de Radio Fene Radiofusión Henrique Sanfiz e o escritor Antonio Tizón. Cantará o intérprete Óscar Fojo. A camiñada comezará ás 12 da mañá na Libraría Berbiriana e finalizará cun xantar no Hotel Finisterre. As persoas colaboradoras de Son Radiofusión (www.teaming.net/radiofusion) poden formalizar a súa reserva antes do 13 de setembro ás 12 do mediodía ao prezo de 40 euros. Desde esa data abrirase para a cidadanía en xeral cun prezo de 47 euros, incluíndo o correspondente seguro. As persoas interesadas deben formalizar a súa reserva no enderezo electrónico sonradiofusion@gmail.com
Na imaxe, Antonio Tizón, en fotografía de Xan Xe Corral
Comentarios
(Sen asunto)
Publica o teu comentario agora