"O roubo dos microbuses é moi perigoso" afirma o alcalde de Neda

"O roubo dos microbuses é moi perigoso" afirma o alcalde de Neda
10 de Decembro, 2022 - 12:20 h. | Publicada por Radio Fene

A Policía local de Ferrol investiga o roubo de tres microbuses na estación de autobuses de Ferrol. A última detención do veciño de Neda de 19 anos sen carné foi na tarde do mércores. Onte venres pasou polo Xulgado onde declarou que padece unha doenza mental e alegou que en varias ocasións él mesmo solicitou o seu internamento nun centro sanitario. O alcalde de Neda Angel Alvariño estima esa situación como moi perigosa. O primeiro rexedor supón que algún problema de saúde mental pode estar detrás desas actuacións. 

Fotografía: Xan Xe

Esperemos que non se repita o roubo de autobuses, afirma o alcalde de Neda Angel Alvariño. É moi perigoso para a seguridade viaria e debe responder a algún problema de saúde mental, apunta o primeiro rexedor.
Abandono da comarca
"O roubo de autobuses deixa patente o abandono do transporte público na comarca" segundo a plataforma de usuarios. A plataforma traballa na planificación de novas accións de protesta. Demandan o cumprimento dos horarios nas liñas de autobuses e unha mellora na conexión ferroviaria de Ferrol. Refírese a plataforma ao mozo de 19 anos de Neda que foi detido tras roubar tres microbuses na estación de autobuses de Ferrol. O luns, o martes e o mércores levouse microbuses. Nun dos casos trasladou a pasaxeiros aos seus domicilios. Carece de carné de conducir. Os vehículos estaban abertos e coas chaves postas na estación de autobuses. Nunha das ocasións ofreceuse a levar ao seu domicilio a persoas que saían dunha discoteca ubicada na estación do ferrocarril. Chegou ata Ortigueira, segundo se pode comprobar nunhas imaxes que circulan polas redes sociais. 

Institucional

Publica o teu comentario agora