O running chega á carreira

O running chega á carreira
31 de Agosto, 2026 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

O running consolidouse en toda Europa e tamén en Galicia como un fenómeno de masas, duplicando os practicantes desde o ano 2000 ata alcanzar o 12% da poboación actual, segundo sinala o graduado en Ciencias do Deporte José Barcia Tuccelli en Radio Fene. Aínda que ofrece beneficios cardiovasculares, de peso e de composición corporal, o experto destaca a necesidade de planificar a intensidade, realizar traballo de forza e respectar os tempos de recuperación, sendo a media hora o obxectivo inicial recomendado.

ESCOITA O PODCAST:

Pode escoitar a entrevista completa aquí:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/260826BARCIA.mp3

E mellor correr ou camiñar? Barcia responde á galega: Depende. Podes escoitar a explicación na entrevista completa de Radio Fene. Chamábase carreira, agora dise running, pero en Galicia tamén se dicía darlle sebo ás canelas.

 

Andaina Por + vida

Fotografía Xan Xe. 2024.

Deportes

Publica o teu comentario agora